TURISMO VERIN Y EXPOSICIONES

Ante a situación sanitaria actual en relación co COVID-19, e en consonancia coas disposicións adoptadas no día de onte pola Xunta de Galicia, adóptanse as seguintes medidas preventivas que entran en vigor dende o momento da sinatura do presente bando e perdurarán ata novo aviso:

 1º.- Suspender todas as actividades públicas de carácter institucional, social, deportivo e cultural.

 

2º.- Peche das instalacións municipais (Pavillóns de Deportes, Piscina Municipal, Biblioteca, Museo, Auditorio, Casa da Cultura, Sala de Exposicións, Oficina de Turismo, Centro de Día, Escola de Artes e Oficios, Conservatorio e Escola da Banda de Gaitas).

 

3º.- Limítase a atención ao público nas dependencias municipais en casos de urxencia ou necesidade improrrogable (Casa do Concello, Casa da Xuventude -sede de Servizos Sociaise oficinas da Policía Local) sempre priorizando a atención telefónica e telemática – correo electrónico ou sede electrónica-.

 

4º.- Recoméndase limitar as concentracións de persoas en espazos públicos (parques e zonas de recreo) así como terrazas, oficios civís e relixiosos.

 

Pregamos a súa colaboración. Entre todas e todos seremos capaces de superar a situación actual se seguimos as recomendacións, directrices e ordes da autoridade sanitaria. Con tranquilidade, sen medo pero con precaución.

 

Co obxectivo prioritario de protexer a saúde da cidadanía, a cancelación das actividades programadas no marco das festas patronais do Lázaro (evento que ten unha prevista afluencia de público que supera as 1000 persoas) para evitar así a posible transmisión do coronavirous/COVID-19 entre a poboación.

 A proximidade da fronteira con norte de Portugal, así como as particularidades na  pirámide demográfica da nosa comarca -cun trinta e tres por cento de poboación que supera os 60 anos- motivaron a decisión unánime do goberno de pospoñer as celebracións centrais do Lázaro e os eventos deportivos asociados ao mesmo, así como as feiras ordinarias, as III Xornadas de Novela Histórica, e o II Torneo de Debate,  para contribuír a non propagación do mencionado virus entre a poboación.